sábado, 7 de marzo de 2015

Cremas de ovo da casa

Un outro sábado e como xa sabedes, día de receita e como non, dunha nova larpeirada. Encaprichóusenos xa hai unhas semanas facer unhas cremas de ovo caseiras xa que normalmente comiamos as do super ou faciamos as de sobre. Así pois quixemos probar para ver as diferenzas, que si, existen. Unha sobremesa tradicional que gusta a tod@s e que ademais ten a vantaxe de ser apta para celíac@s, con non botarlle a cobertura de galleta abonda.
Nós, ademais fixémolas un pouco máis lixeiras, para pór un suave peche a un completo xantar ou cea. Así, de seguirdes esta receita notaredes que non son tan espesas como outras cremas de ovo. Iso si, se as preferides máis espesas redes que endadir unha pouca máis de maicena.
Como xa sabedes, esta dozura vénse denominando co nome español, natillas, mais xa vedes que esa terminación -illa é un pouco sospeitosa así que optamos por esta denominación, que nos dá máis confianza. Aínda que si, chamemos como lles chamamos están riquísimas. Ollade:

Cremas de ovo da casa

Ingredientes (para 8 natillas):
  • 1 l de leite
  • 200 gr de azucre
  • 8 xemas de ovo
  • 15 gr de maicena
  • A monda dunha laranxa
  • Un chisco de canela
  • Para decorar (opcional): galletas


Utensilios: un cazo, unha cunha, batedor manual, culler de pau, molde ou vasos para a presentación, batedor eléctrico (opcional).


Elaboración:

Para comezarmos, temos de ferver o leite coa laranxa e a canela para aromatizala. Retiramos a monda da laranxa e rerservamos.



De seguir, mesturamos o azucre coa maicena e, a continuación, engadimos as xemas, lixeiramente batidas, e mesturamos moi ben. 

Despois, engadimos o leite pouco a pouco e mesturamos de novo. 


Volvemos coa mestura ao lume e quentamos até que comece a ferver. Rapidamente retiramos do lume e seguimos remexendo. Neste paso, é moi fácil que se corte a mestura e teña unha textura con bolos. Neste caso, o único que temos que facer é bater a crema co batedor eléctrico e xa vos quedaría perfecta. 


Botamos a mestura nos moldes en que a queredes presentar e deixamos arrefríar no frigorífico durante 4-5 horas, aínda que se as deixades unha noite enteira quedaran máis saborosas. 



No momento antes de servilas, podemos engadirlles galletas trituradas para darlles un toque crocantes que as fará aínda máis deliciosas. 


Aquí tedes a nosa versión das cremas de ovo, aínda que xa percibirdes que é unha receita moi personalizábel para lle dar matices ben diferentes. Nós desta vez probamos cunhas galletas, mais podedes darlle o voso toque. Xa nos contaredes que vos parecen. A nós, desde logo, encantáronnos :-) Pasade un bo sábade amig@s!!

6 comentarios:

  1. que rica!! y con el crujiente de galleta por encima tiene que darle un toque fantastico! bicos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sii, a verdade é que a galleta fainas aínda máis saborosas.
      Grazas polo teu comentario!
      Unha aperta!

      Eliminar
  2. Divnisimaaaaaaaas y seguro que estaban de muerte relenta, feliz dia de la mujer .
    Bicos mil y feliz domingo wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas! A verdade é que voaron da mesa, hahaha ;);)
      Bicos e feliz semana!

      Eliminar
  3. ¡Ola, Diana!

    Tés que desculparme porque ando un pouco alocada e nas últimas semanas non asoméi por aquí. Sorte de que os post non caducan e así podemos votarlles unha ollada aínda que se publicasen con anterioridade hahaha

    ¡Qué dicir das natillas caseiras! Pois que son un dos doces máís tradicionais que non cansan nunca, pero a verdade e que a min séntanme un pouco pesadas e de seguro que estas vosas, un pouco máis lixeiras, caenlle mellor ó meu estómago delicado de máis... Non lle podo facer sempre caso, porque perderíame un dos praceres máis grandes da vida ¡os doces! hehehe

    ¡Un bico grande e feliz semana!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non te preocupes, non tes que desculparte que a min tamén me pasa, hahaha! Hai semanas que non hai tempo para nada...
      Seguro que con esta receita máis lixeira o teu estómago estará máis contento porque non che caeran tan pesada. Se probas, xa me comentarás que che pareceron!
      Moitas grazas polos teu comentarios!
      Un bico enorme!

      Eliminar