sábado, 26 de xullo de 2014

Arancini

E unha volta máis traémosvos un bocadiño da nosa querida Italia, unha receita que para algúns será descoñecida mais non para @s que gostades dos pratos italianos, arancini!! Son típicas da zona de Sicilia (como tantas outras marabillas gastronómicas) e como ides ver a súa forma típica é moi similar á das croquetas, aínda que hai outras variantes máis alongadas. Nós era a primeira vez que nos atrevíamos con este prato e a verdade é que quedamos moi contentos co resultado. Por certo, o nome vén pola súa cor laranxa, arancia. Aí vos vai!

Arancini

Ingredientes (aproximadamente para 16 boliñas):
  • 500 gr de arroz
  • 4 ovos
  • 60 gr de manteiga
  • Queixo relado ao gusto
  • Pan relado
  • Auga
  • Para o recheo: xamón con queixo, espinacas con queixo, cogomelos con queixo etc.


Elaboración: 

Para comezarmos, temos de preparar o arroz. Para iso, cocemos o arroz no doble de auga. Debemos deixar que absorva toda auga para que non quede moi solto, xa que será máis sinxelo facer os arancini. Cando estea cociñado, engadimos a manteiga e dous ovos e mesturamos ben. Refrixeramos durante 3 horas, como mínimo. 






Pasado ese tempo, preparamos xa as boliñas. Collemos arroz nunha man e aplastámolo ben, colocamos o recheo escollido no centro e imos cubrindo o recheo con máis arroz até formar unha bola. 



Batimos os outros dous ovos e pasamos as boliñas por eles e, a continuación, polo pan relado. 




 De seguir, fritímolas en abundante aceite e pasámolas a unha fonte con papel absorbente para eliminar o exceso de aceite.


Colocámolos noutra fonte e xa estarían perfectos para comer. Espero que vos gusten e que aproveite! 



Unha verdadeira delicia. É certo que o proceso de elaboración dá algo de traballo mais merece a pena porque estes arancini son moi farturentos e hanvos de deixar moi satisfeitos. E o sabor é óptimo, por tanto un prato top! Podedes degustalos como prefirades, segundo saian da tixola ou mesmo fríos, saben ben de todas as formas :-) E se tedes convidad@s pois son toda unha sorpresa xa que lle podedes pór a cada arancini un recheo diferente. Pasade boa fin de semana amig@s!

2 comentarios:

  1. Hace unos meses que vi estas bolas de arroz rellenas y pese a tenerlas en mi carpeta de pendientes aun no me he puesto a ello ,seguro que estan de rexupete no hay mas que ver las fotos ummmmmmmmm no dejan de decirne come .
    Te han quedado de relujo, la receta y las fotos del paso a paso son de 10 points.
    Bicos mil y feliz semana wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A verdade é que están deliciosas! E merece a pena todo o tempo que leva facelas, haha!
      Moitas grazas polo teu comentario e que teñas unha feliz semana :D

      Eliminar