xoves, 11 de abril de 2024

Tacos de polo ao curry

Hai uns días os nosos amigxs de Quinteiro doce, dos que somos fans desde hai ben tempo, ensináronnos as súas especias de Quinteiro 13, na que teñen unha gran variedade e sobre todo, unha pintaza incríbel. Propuxéronnos escoller algunhas para traballar con elas e non foi tarefa doada. O noso propósito finalmente foi elaborar unha receita salgada e unha doce e hoxe ímosvos presentar a primeira.



Tacos de polo ao curry





Ingredientes: 

  • Tortillas de millo pequenas
  • 1 aguacate 🥑 
  • 1 lima    

Para o polo ao curry: 
  • 1 peituga de polo
  • 1 bote de leite de coco
  • 1 cullerada de curry de Quinteiro 13
  • 2 dentes de allo 🧄

martes, 9 de abril de 2024

Pastel invertido de berenxena

Bo día, bolboreteirxs. Como vai a semana? Nós estamos moi ben, preparando unha viaxe moi especial que faremos a próxima semana 🤭! Hoxe traémosvos unha receita deliciosa e moi moi vistosa. O outro día vímola por Instagram e decidimos adaptala segundo os nosos gustos e os ingredientes que tiñamos na casa. É que sorpresa cando a probamos, vai ser un prato recurrente no noso menú e unha nova forma de comer berenxenas, unha verdura que nos encanta. Aquí vai a receita: 

Pastel invertido de berenxena



Ingredientes: 

  • 1 lámina de masa crebada
  • 1 berenxena 🍆    
  • 1/2 cebola 🧅 
  • 1 anaco de queixo feita 
  • Unha presada de pistachos
  • 1 cullerada de pasta de curry

martes, 2 de abril de 2024

“Donuts” de pera e améndoa

Bo día, bolboreteirxs 🤗! Que tal estades? Hoxe traémosvos u ha receita sinxela, rápida e deliciosa 😋, que faremos só  con 4 ingredientes (+). A pera vai ser o ingrediente principal, dálle un toque fantástico e difícil de recoñecer! Coa excusa de coñecer á pequena da casa, estamos tendo moitas visitas e intentamos facer algunha rceitiña para sorprendelxs e que leven un bo sabor de boca, e esta foi unha desas receitas escollidas! 
O máis importante a receita é escoller a froita madura, e unha varidade que teña moito sabor,  para que sexan máis deliciosas 🥰🤤! Aquí vai a receita: 


Donuts de pera e améndoa



Ingredientes:             

  • 250 g de pera 🍐 
  • 160 g de fariña de améndoa. 
  • 4 ovos
  • Unha cullerada de lévedo en po

domingo, 17 de marzo de 2024

Tortilla rápida

Feliz día das tortillas, bolboreteirxs! Hoxe, ademais de San Patricio, en Viveiro celébrase o día das tortillas e, aínda que non estivemos por alí, seguimos coa tradición de comer tortilla. Porén, decidimos probar a facer a tortilla coas patacas fritidas de bolsa e, aínda que non tiñamos moitas expectativas, a verdade é que nos sorprendeu moi gratamente. Para esta tortilla, adaptamos a receita de Ferrán Adriá! Aquí vos deixamos a nosa versión:

Tortilla rápida


Ingredientes: 

  • 6 ovos
  • 1/2 paquete de patacas fritidas   
  • 1 cebola caramelizada

sábado, 9 de marzo de 2024

Katsu curry

Bo día, bolboreteirxs! Estamos de volta! Como nos tardaba este momento, mais primeiro tiñamos que estabelecer a nosa nova rutina sendo 4 🤭😇☺️, e sacar momentos para cociñar pratos novos non foi doado nun primeiro momento. De feito, un bo consello que vos damos é que as semanas antes fagades comida de máis e conxeledes. Iso salvaravos a vida ao principio. 

Volvemos cunha receita deliciosa, tamén sinxela, que é a nosa versión, ou adaptación, do KATSU CURRY, tamén chamado Katsu Karé, que orixinalmente se fai con porco tonkatsu. Nós decidimos facela con polo e a salsa de curry con boniato e cebola e, a verdade, é que quedou espectacular. Como xa sabedes nós somos amantes do picante, polo que usamos un curry picante, mais iso é totalmente opcional. 
Aquí tedes esta deliciosa receita:


Katsu curry


Ingredientes:

  • Arroz branco      

Para as peitugas: 
  • Filetes de polo 
  • Pan relado 
  • Especias: ourego, allo en po, cebola en po, pementa moída e sal 
Para a salsa de curry:
  • 1 boniato 
  • 1 cebola 
  • 500 ml de auga 

sábado, 30 de decembro de 2023

Árbore de Nadal (10º aniversario)

Bo día, bolboreteirxs! Hoxe é un día moi especial, non só porque é a última receita deste ano 2023, senón tamén porque hoxe é o noso 10 aniversario. 10 anos xuntos, bolboreteirxs, nos que compartimos receitas e vivistes con nós moitos momentos especiais da nosa vida. Mil grazas polo voso apoio e por estar sempre aí léndonos e apoiándonos neste aventura. Sodes unha motivación para seguirmos cociñando e xogando cos ingredientes. 
Como vos contamos o outro día, estamos embarazados de novo, en breves teremos a Maia con nós e agardamos que sigades vendo desde as vosas pantallas como este amor e estas receitas medran e medran. 
Para celebrarmos este décimo aniversario, deixámosvos a última receita do ano, unha árbore natalicia moi vistosa, ideal para rematar a última cea do ano ou empezar o 2024 da mellor forma posíbel. 
Evidentemente, sabemos que nas vosas mesas non han de faltar turróns, mazapáns e doces tradicionais de todo tipo mais como son datas de xuntarnos a nós sempre nos gusta tirar dalgún recurso orixinal coa intención de sorprender. Velaquí esta nosa idea que a fin de contas resume un pouca as nosas intencións nestes dez anos, achegarvos unha pouca de cor e moito moito sabor. 


Árbore de Nadal (10º aniversario)



Ingredientes: 

  • 2 láminas de follado     
  • 1 ovo 
  • Azucre 
Para a crema pasteleira de laranxa e canela: 
  • 1/2 l de leite 
  • 80 g de azucre 

martes, 12 de decembro de 2023

Galletas natalicias

Bo día, bolboreteirxs! Facer galletas é un dos plans favoritos dos días de choiva ou de frío que non apetece moito saír da casa; ademais, se as facemos en familia todo é máis especial, porque os peques sempre están moi motivados. Alén disto, cando as galletas estean feitas podemos facer un chocolate quentiño mentres desfrutamos dunha película xuntos. 

Estas galletas tamén son ideais para regalar, meténdoas nunhas bolsiñas bonitas cun lazo, ou incluso para facer adornos para a árbore comestíbeis. Son agasallos do máis especial, xa que están feitos con todo o noso cariño e amor. 


Galletas natalicias



Ingredientes: 

Para as galletas: 

  • 145 g de fariña 
  • 50 g de fariña de améndoa        
  • 115 g de manteiga 
  • 60 g de azucre glas 
  • 1 culleriña de vainilla